🔥 Burn Fat Fast. Discover How! 💪

MANIFESTACIÓN CONTRA O ESPOLIO ENERXÉTICO Este vindeiro sábad | BNG - Bloque Nacionalista Galego

MANIFESTACIÓN CONTRA O ESPOLIO ENERXÉTICO

Este vindeiro sábado 5 de xuño, en Compostela, haberá unha manifestación contra a invasión de eólicos que sofre o noso país e o impacto económico, social, ambiental e produtivo. Esta agresión e este roubo merece unha resposta contundente do pobo galego. A enerxía é un ben público e ten que estar ao servizo dos galegos e galegas, non para agrandar aínda máis os beneficios das eléctricas.

Convidámoste a participar activamente nesta mobilización e a socializar a súa convocatoria.

Tamén che enviamos a continuación a ligazón dun pequeno vídeo do acto reivindicativo realizado polas compañeiras e compañeiras do BNG da comarca de Tabeirós-Terra de Montes-Deza contra o espolio, mais tamén contra as graves repercusións que terá sobre a actividade agrogandeira a instalación de parques eólicos que se proxectan na comarca.

Mírao e compárteo!